Vendas de Entradas do Concello de Lugo


| Esquecín contrasinal | Rexistrarme

Rexistrarse

CONDICIÓNS XERAIS DE USO E VENDA DE ENTRADAS DO SERVIDOR MUNICIPAL entradas.lugo.es

1. - Información xeral

Estas condicións xerais de uso e venda de entradas regulan o uso do sitio web entradas.lugo.es (en diante "entradas.lugo.es") da que o Concello de Lugo, con CIF P2702800J e domicilio na praza Maior, 1, 27001 de Lugo, é titular e propietario único.

A través do sitio entradas.lugo.es, o Concello de Lugo proporciona información acerca das actividades que programa e organiza o Concello, e ofrece a posibilidade de comprar online as entradas correspondentes para acceder aos espectáculos.

2. - Rexistro de persoas usuarias

Para a correcta tramitación das compras a través de entradas.lugo.es, hai que rexistrarse como "usuario", completando o formulario de rexistro e seguindo os pasos que o Concello establece para tal fin. A condición de persoa usuaria supón a aceptación das condicións xerais de uso e venda de entradas aquí publicadas.

O contido recollido no espazo entradas.lugo.es diríxese exclusivamente a un público maior de idade, independentemente de que se proporcione información e se comercialicen entradas de eventos orientados a un público menor de idade. Polo tanto, o Concello queda excluído de calquera responsabilidade no acceso de menores de idade aos contidos incluídos en entradas.lugo.es. Será responsabilidade do seu pai ou da súa nai ou titores ou titoras exercer un control axeitado sobre a actividade dos seus fillos e fillas ou menores ao seu cargo.

3. - Compra de entradas

O sitio web entradas.lugo.es informa ás persoas usuarias do número de entradas dispoñibles para cada evento, segundo as existencias dispoñibles no momento da compra.

O Concello resérvase o dereito de establecer o tempo no que as entradas estarán dispoñibles para a súa venda no sitio web entradas.lugo.es. De acordo con isto, a venda online suspenderase tres horas antes da hora de inicio de cada espectáculo. As entradas sobrantes, se as houbese, poranse á venda ao mesmo prezo no despacho de billetes do Auditorio ou nos lugares alternativos que se indiquen.

Na compra online, o cliente ou clienta deberá aboar o importe correspondente á súa compra mediante pagamento a través de tarxeta de crédito ou débito (Visa, Mastercard e/ou outras tarxetas análogas) baseándose no sistema de TPV establecido no sitio entradas.lugo.es. O pagamento con tarxeta realízase a través de ABanca e está suxeito aos seus protocolos de seguridade.

Unha vez formalizada a compra, mediante a aceptación das condicións xerais de uso e a confirmación do proceso de pagamento, o Concello enviaralle un correo electrónico ao cliente ou clienta que conterá a totalidade das entradas adquiridas e as indicacións necesarias para o cambio destas. Ademais, as entradas estarán a disposición do cliente ou da clienta no seu espazo privado do web.

4. - Seguridade do sistema

O Concello contará coas medidas de seguridade comercialmente dispoñibles, e razoablemente esixibles, no sector. Ademais, o proceso de pagamento funciona sobre un servidor seguro utilizando o protocolo SSL (Secure Socket Layer). O servidor establece unha conexión, de modo que a información se transmite cifrada mediante algoritmos de 128 bits, que aseguran que só sexa intelixible para o ordenador do cliente ou clienta ou persoal usuario e o do sitio entradas.lugo.es. Desta forma, garántese:

1. Que a clientela ou a persoa usuaria está comunicándolle os seus datos ao servidor do Concello e non a calquera outro que intentase facerse pasar por esta.

2. Que entre a clientela ou persoa usuaria e o servidor do Concello os datos se transmiten cifrados, evitando a súa posible lectura ou manipulación por terceiras persoas.

O Concello velará, na medida do razoablemente posible, polo correcto funcionamento de entradas.lugo.es, a corrección do seu contido e a veracidade do publicado nel. Non obstante, o Concello non se responsabiliza do posible mal uso que clientes, clientas ou persoas usuarias poidan facer do contido publicado.

Co fin de manter o anteriormente exposto, o Concello velará pola seguridade informática dos soportes técnicos postos a disposición da clientela e das persoas usuarias na súa navegación polo espazo web de entradas.lugo.es. Non obstante, o Concello non pode garantir a ausencia de erros técnicos, virus ou outros elementos lesivos, introducidos por terceiras persoas, que puidesen causar danos ou alteracións no sistema informático. Polo tanto, o Concello non responderá polos danos e perdas que tales elementos lle puidesen ocasionar á clientela ou ao persoal usuario.

De igual modo, e a causa da natureza do anteriormente exposto, o Concello resérvase o dereito a proceder á interrupción temporal dos servizos ofertados en entradas.lugo.es co obxecto de proceder a solucionar as incidencias anteriormente descritas ou por calquera outro motivo que considere oportuno. Así mesmo, o Concello queda excluído de calquera responsabilidade polos danos e perdas de toda natureza que puidesen producirse a clientela ou a persoas a causa deste feito.

5. - Comunicación de incidencias

Calquera incidencia vinculada co uso e funcionamento do web de venda de entradas deberá notificarse mediante correo electrónico a [email protected], indicando no asunto "Notificación incidencia servidor venda de entradas"; unha vez recibido o aviso, o xestor da plataforma de venda de entradas porase en contacto coa persoa usuaria a través do medio que indique esta. Na comunicación da incidencia debe achegar datos como nome e apelidos, correo electrónico de contacto e teléfono, ademais de relatar a incidencia.

6. - Política de devolucións

Non está autorizada a devolución do importe de entradas previamente adquiridas. A imposibilidade de asistir a un evento ou espectáculo, ou a comisión dun erro ao realizar a adquisición de entradas non son motivos que xustifiquen a súa devolución.

A persoa usuaria non poderá exercitar o dereito de desistencia nin de resolución, de acordo coa normativa vixente en materia de consumo e de ordenación do comercio de venda polo miúdo.

n caso de cancelación dun espectáculo, a devolución efectuarase dentro do prazo de trinta días dende a data da comunicación pública da suspensión do espectáculo. A devolución do importe das entradas executarase automaticamente á tarxeta de crédito dende a que se realizou a compra. Para verificar o aboamento, a persoa usuaria debe consultar o extracto da tarxeta bancaria (débito ou crédito) utilizada para a compra.

7. - Propiedade intelectual

O Concello posúe todos os dereitos sobre o contido, deseño e código fonte do sitio entradas.lugo.es e, en especial, con carácter enunciativo pero non limitativo, sobre as fotografías, imaxes, textos, logos, deseños, marcas, nomes comerciais e datos que se inclúen nela.

Advírteselles á clientela e ás persoas usuarias de que tales dereitos están protexidos pola lexislación vixente española e internacional relativa á propiedade intelectual e industrial.

Así mesmo, e sen prexuízo do anterior, o contido do sitio entradas.lugo.es tamén ten a consideración de programa informático, e, polo tanto, resúltalle tamén de aplicación toda a normativa española e comunitaria europea vixente na materia.

Queda expresamente prohibida a reprodución total ou parcial de entradas.lugo.es e de calquera dos seus contidos, sen o permiso expreso e por escrito do Concello. Así mesmo, queda totalmente prohibida a copia, reprodución, adaptación, modificación, distribución, comercialización, comunicación pública e/ou calquera outra acción que comporte unha infracción da normativa vixente española e/ou internacionais en materia de propiedade intelectual e/ou industrial, así como o uso dos contidos de entradas.lugo.es se non é coa previa autorización expresa e por escrito do Concello.

O Concello informa de que non concede licenza ou autorización implícita ningunha sobre os dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial ou sobre calquera outro dereito ou propiedade relacionado, directa ou indirectamente, cos contidos incluídos en entradas.lugo.es. Tan só se autoriza a utilización dos contidos do dominio web con fins informativos e de servizo, sempre que se cite ou se faga referencia á fonte. O usuario ou a usuaria será a única persoa responsable do seu mal uso.

8. - Lexislación aplicable e modificación das condicións xerais

Estas condicións xerais foron elaboradas de conformidade co establecido na Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, na Lei 7/1998 sobre condicións xerais de contratación, no Real decreto 1906/1999 polo que se regula a contratación telefónica ou electrónica con condicións xerais en desenvolvemento do artigo 5.3 da Lei 7/1998, na Lei 26/1984 xeral para a defensa dos consumidores e usuarios, e na Lei 7/1996 de ordenación do comercio de venda polo miúdo, e cantas disposicións legais resulten de aplicación.

O Concello resérvase o dereito de modificar, en calquera momento, a presentación e configuración do sitio entradas.lugo.es, así como estas condicións xerais de uso e venda de entradas. Por iso, o Concello recoméndalles á clientela e á persoa usuaria a súa consulta cada vez que acceda ao sitio web entradas.lugo.es.

A clientela e as persoas usuarias sempre disporán destas condicións xerais de uso e venda de entradas nun sitio visible, libremente accesible para cantas consultas queiran realizar. En calquera caso, a súa aceptación será un paso previo e indispensable na adquisición de calquera localidade dispoñible a través de entradaslugo.

Se calquera cláusula incluída nestas condicións xerais fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia afectará tan só á devandita disposición ou á parte desta que resulte nula ou ineficaz, e subsistirán as condicións xerais en todo o demais, e terase tal disposición, ou a parte desta que resultase afectada, por non posta.

9. - Política de privacidade

As persoas usuarias do sitio entradas.lugo.es comprométense a navegar pola páxina web e a utilizar o seu contido de boa fe.

En cumprimento do establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, informámolo de que a cubrición de calquera formulario existente no sitio web entradas.lugo.es ou a remisión dun correo electrónico a calquera das nosas caixas de correo implica a aceptación desta política de privacidade, así como a autorización ao Concello de Lugo para que trate os datos persoais que nos facilite, que serán incorporados ao ficheiro, titularidade do Concello de Lugo, inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos.

Os datos da clientela e das persoas serán utilizados para o envío a través de correo electrónico das entradas adquiridas no sitio web entradas.lugo.es, e para o seu almacenamento nos espazos privados do perfil da propia persoa usuaria.

Para a mera visita ao web as persoas usuarias non deberán facilitan información persoal ningunha nin quedan obrigadas a facilitala.

O Concello de Lugo comprométese a gardar a máxima reserva e confidencialidade sobre a información que lle sexa facilitada e a utilizala unicamente para os fins indicados.

O Concello de Lugo presupón que os datos foron introducidos polo súa persoa titular ou por persoa autorizada por esta, así como que son correctos e exactos.

Correspóndelle á clientela a actualización dos seus propios datos. En calquera momento, a clientela terá o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición a todos os seus datos persoais incluídos nos distintos formularios de alta. Para modificar ou actualizar os seus datos persoais, o cliente ou a clienta deberá acceder ao seu espazo privado habilitado no web entradas.lugo.es. Para cancelar a súa conta, deberá escribir un correo electrónico á conta de correo [email protected] co asunto "Cancelar conta de usuario de entradas.lugo.es"

Polo tanto, o cliente ou a clienta é responsable da veracidade dos datos, e o Concello de Lugo non será responsable da inexactitude nos datos persoais da clientela. De conformidade coa lexislación vixente en materia de protección de datos, o Concello de Lugo adoptará os niveis de seguridade adecuados aos datos facilitados pola clientela e, ademais, instalou todos os medios e medidas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e extracción destes.

Importante: Unha vez rexistrado chegarache un email para confirmar a túa conta de usuario
Vendas de Entradas do Concello de Lugo

© 2015 Inteligencia Visual. Todolos dereitos reservados.
Condicións de uso | Política de privacidade | Uso de Cookies

  • Twitter
  • Facebook