Vía morta

Vía morta

Culturactiva

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 16 anos.

Sinopse:
Vía Morta pretende ser, máis que un espectáculo teatral, unha experiencia a través do teatro. Unha montaxe teatral que pretende traer a realidade dos refuxiados e refuxiadas ao público de Galicia a través dunha proposta que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas migratorias da UE están a provocar. O teatro non pode permanecer impasible ante a deliberada política de esquecemento á que as persoas refuxiadas son hoxe sometidas. Este espectáculo fálanos sobre a triste situación dos millóns de refuxiados e refuxiadas aos que, aínda hoxe, a Unión Europea pecha as súas portas. Agora que as persoas que, fuxindo da guerra, do terrorismo, de tiranos ou da fame, cruzan o Mar Mediterráneo xa non son noticia e deixaron de aparecer nos medios de comunicación, a nosa montaxe pretende achegarnos á súa realidade e denunciar a hipocrisía dunha política comunitaria que vulnera principios básicos da lexislación internacional obrigándoos a vivir en miserables campamentos máis aló das súas fronteiras, cando podería acollerlles e darlles o refuxio ao que teñen dereito.

IMPORTANTE:

  • NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.
  • PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.

 

Prezo:
  • Precio A: 5,00 €
  • Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:
  • xoves, 22 de febreiro de 2024 20:30 hs.

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!