Transparentar

Transparentar

DANZA Enésima

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 14 anos

Sinopse:
Transparentar é o primeiro espectáculo da compañía que nace das Residencias Paraíso 2023 do colectivo RPM de Galicia. En 2024 finalizan a creación da peza grazas ao apoio das Residencias Artísticas e Acción Cultural El Palacio, en Xixón. Como creadoras escénicas da Xeración Z con esta peza tratan de responder a unha pregunta
principal: ¿A Xeración de Cristal é fráxil ou transparente? Mediante a poética corporal reflexionan sobre a ansiedade e o esgotamento dos xóvenes, a adicción ás redes, a brecha xeracional, etc., empregando a ironía e cunha linguaxe desenfadada que conecte con diferentes xeracións para xerar un espazo de diálogo e diversión que
poida axudar ao público a viaxar por diferentes atmósferas dende o artificial ata a introspección e a liberación. Amosando a fraxilidade dunha xeración, dexándose transparentar.

 

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamnete autorizados.
  • Data de posta á venda 13/10/2026 as 16:00h. 

 

Prezo:
  • Precio A: 5,00 €
  • Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:
  • venres, 13 de novembro de 2026 20:30 hs.

A venda de entradas para este evento estará dispoñible desde el martes, 13 de outubro de 2026

Mais información chamando o 010. Ou chame ao 982 297 350 desde fóra da cidade.