“CRÓNICAS DO PARAÍSO” de Sarabela teatro.

Teatro

“CRÓNICAS DO PARAÍSO” de Sarabela teatro.

Campaña
Programación 2020
Lugar
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
Duración
70 minutos
Numerada
Si

“CRÓNICAS DO PARAÍSO” de Sarabela teatro.

Duración: 70 minutos

18.30 horas

Dirección

Goncalo Guerreiro

Elenco artístico

Fernando Dacosta, Elena Seijo, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja

 "…, e porque vexo nos vosos ollos, señor Sochantre, tanta sorpresa como medo, quero asegurarvos de que toda esta compañía, aínda que sexa de  réprobos, pantasmas, aforcados e sombras, é un batallón de xente pacífica.

 

Unha  carroza cargada de maletas, que está a acubillar a misteriosos pasaxeiros, consegue poñerse en marcha e lánzase polos camiños dunha Bretaña imaxinaria. A cuadrilla leva da man, na súa danza, a un  sochantre asustado. Queren que toque para as  exequias do señor De Quelven. Todos se ilusionan coas melodías do seu  bombardino, pois, por un espazo breve de tempo, as notas arrincan aos espectros da súa condición.

 

Pero, que ocorrerá á noitiña? Que ocorrerá cando se durma o sochantre?

Nestas historias mil e mil veces repetidas xúntanse lendas célticas dos reinos de Bretaña e Galicia e traxedias universais.

 

Un universo viaxeiro poboado por bandidos, armas, diñeiro e sangue pero non hai mortes nin ninguén morre, quizáis porque estean todos mortos ou porque o verdadeiro bandido siga eternamente vivo. O poder do diñeiro, a luxuria, a gula, os negocios escuros colocan aos personaxes en situacións irónicas entre a vida e a morte onde a eternidade acaba por afirmarse como o máis duro castigo xudicial.

 “E tampouco vos dixemos que nós, estando mortos, non podemos acender lume en fogar nin entrar en casa onde estea aceso, nin comer pan de trigo, nin cousa ningunha que leve sal ou aceite, nin beber viño. Pero agora mesmo imos cara ás ruínas do mosteiro de  Saint- Efflam a  Terre, e  Mamers ten alí, na que foi cociña dos frades, unha pipa de cervexa dobre de marzo e un xamón adobado con pementa que enviamos a asar…”  

 

FORMA DE ADQUISICIÓN:

ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo. 

* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

 

IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.

PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.

 

+ info

010 ou desde fóra de Lugo, 982 297350

www.lugo.gal

 

RR.SS. Concello

 

Prezo:
  • Precio A: 5,00 €
  • Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:
  • 29 de nov. de 2020 18:30

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!