Pezas curtas

Pezas curtas

Idi Begi + Contido + Proserpina + Portrait

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: Todos os públicos

Sinopse:

Idi Begi (Proyecto Larrua)
No País Vasco, o Idi-Probak consiste en utilizar bois para arrastrar pedras. Inspirados nesta práctica tradicional, os bailaríns mergúllanse no corpo do animal para contar a dureza do traballo, a loita pola supervivencia, o desexo de liberdade e ese vínculo, ambivalente e constante, entre o ser humano e o animal.Proyecto Larrua - Idi Begi Desde os albores do sedentarismo, o ser humano alixeirou o seu traballo grazas á axuda dos animais. Proxecto Larrua adopta o punto de vista dun boi para, a través da danza, mudar a mirada, cuestionar este vínculo doméstico e falar dun mundo rural que desaparece.
No País Vasco, o Idi-Probak consiste en utilizar bois para arrastrar pedras. Inspirados nesta práctica tradicional, os bailaríns mergúllanse no corpo do animal para contar a dureza do traballo, a loita pola supervivencia, o desexo de liberdade e ese vínculo, ambivalente e constante, entre o ser humano e o animal.

Contido (Companhia dança Almada)
As regras impostas pola sociedade, polas que interaccionamos uns cos outros, domésticannos.
Crean tendencias, hábitos, que moitas veces nos fan perder a capacidade de cuestionar. Convértense nun dato adquirido. Fican tan intrínsecos na nosa maneira de pensar e de estar que nos cegan e limitan a exploración e a conexión coa nosa natureza.
Do que sentimos, dos nosos instintos tamén ligados aos nosos devanceiros, sobresaíe o noso lado animal e máis salvaxe.

Proserpina (La mínima)
Proserpina. Non lembro como era eu ao principio, cando case non sabía nada. Pero a miña sensación é que era primavera. Lembro mellor por que deixei de ser así… cando coñecín máis cousas. Agora non me recoñezo.
Proserpina é un solo de danza contemporánea cuxa esencia é a espontaneidade do movemento e a apertura e adaptabilidade do corpo en relación ao impulso, ao estímulo, á sensación percibida polos sentidos.

Portrait (ZigZag)
Portrait expón ante o público o reto de subir ao escenario. Afonda nas motivacións e nos medos do intérprete, porque a soidade en escena é unha soidade diferente ás demais. Dirixida e interpretada por Miguel Quiroga, a peza explora esa “situación forzada e voluntaria de exposición persoal ante un público que agarda recibir”.

 

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamente autorizados.
  • Data de posta á venda 14/10/2025 as 16:00h

 

Prezo:
  • Precio A: 5,00 €
  • Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:
  • sábado, 22 de novembro de 2025 20:30 hs.

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!