BAILAR AGORA

Outros

BAILAR AGORA

MARTA ALONSO TEJADA

Campaña
LED Lugo en Danza
Lugar
Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
Duración
65 minutos
Numerada
Si

BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente sociale persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción do que estamos a compartir aquí e agora bailando.

 

Marta Alonso Tejada Bailarina, actriz, creadora, directora artística, xestora cultural e docente. Traballa no sector artístico desde o 2008, ano no que funda trasPediante. www.traspediante.com

Desde o 2010 crea e codirixe o Festival de danza e artes do corpo, corpo(a)terra. www.corpoaterra.com

A traxectoria como creadora e intérprete de Marta Alonso Tejada (Ourense, 1983) é multidisciplinar e hiperactiva.

A súa actividade artística traza desde o inicio unha ida e unha volta constante cara á danza e ao movemento que no percurso se achega ao teatro físico e ao circo.

A danza, o humor, a interación co público e a cercanía xeran nas súas creacións unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se comparte na escena.

Na actualidade vén de estrear a peza BAILAR AGORA (Outubro, 2020), unha coprodución de Marta Alonso Tejada, trasPediante e o Centro Coreográfico Galego, Agadic - Xunta de Galicia.

 

www.martaalonsotejada.com

Interpretación: Marta Alonso Tejada. Autoría: Victoria P. Miranda, Marta Alonso Tejadae Pablo Reboleiro, Coreografía e movemento: Victoria P. Miranda. Dirección: Marta Alonso Tejada, Asistente de dirección: Pablo Reboleiro. Vestiario: Uxía P. Vaello.mmDeseño de iluminación: Laura Iturralde.Espazo sonoro: Xavier Bértolo.Produción: Marta Alonso e Manu Lago.Coproduce: Centro Coreográfico Galego, Agadic -Xacobeo 2021 - Xunta de Galicia. Colaboran: Teatro Ensalle, Concello de Nogueira,

 

Obras para público adulto:

5 €. Desconto do 30 % para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociados á AAAG.

*Dúas por usuario.

FORMA DE ADQUISICIÓN:

ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

 * As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.

PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.

 + info

 010 ou desde fóra de Lugo, 982 297350

www.lugo.gal

RR.SS. Cultura e Turismo de Lugo.

 
Prezo:
  • Precio A: 5,00 €
  • Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:
  • 14 de maio de 2021 20:00

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!