Oh, mammi blue!

Oh, mammi blue!

Cinema Sticado

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Categoría: Teatro Adultas
Idade recomendada: A partir dos 16 anos

Sinopse:
Oh, mammi blue! comeza coas primeiras horas dun parto, as últimas dun embarazo e a sensación de que algo vai saír mal. 
A  través dunha serie de incidentes e erros cos que a protagonista se compromete ata o final, asistiremos a un desenlace inesperado que cambiará a súa vida, e a dos que a rodean, para sempre.
A través dunha posta en escena innovadora e visualmente impactante, a peza achéganos un testemuño único e luminoso sobre a perda, o trauma, o amor e a supervivencia.
Oh, mammi blue! é unha obra irreverente, máxica, profunda e lúcida. Un monólogo tráxico cargado de humor que desafiará as expectativas do espectador. Un relato fascinante no que se destapan tabús de xeito audaz e onde quedan reflectidas as dúbidas, a beleza, o terror e a culpa que acompañan a experiencia da maternidade. 
Unha obra cun dispositivo narrativo singularísimo que non deixará indiferente ao público.

 

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamente autorizados.
  • Data de posta á venda 14/10/2025 as 16:00h

 

Prezo:
  • Precio A: 5,00 €
  • Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:
  • xoves, 6 de novembro de 2025 20:30 hs.

A venda de entradas para este evento estará dispoñible desde el martes, 14 de outubro de 2025

Mais información chamando o 010. Ou chame ao 982 297 350 desde fóra da cidade.