New Orleans Gospel Choir

New Orleans Gospel Choir

Lugar: Auditorio Fuxan os Ventos
Idade recomendada: A partir dos 16 anos
Duración: 4 horas con dous descansos de 15 minutos

Sinopse:
New Orleans Gospel Choir chega a Lugo para presentar Mardi Jass Party, a súa nova proposta musical para o Nadal de 2026. Trátase dun espectáculo que homenaxea á identidade musical de Nova Orleans, unha cidade fundamental na historia da música popular e berce de grandes figuras como Louis Armstrong, Fats Domino ou Mahalia Jackson. A través dunha coidada combinación de gospel tradicional, jazz, sonoridades das Brass Bands e ritmos festivos do Second Line, a formación propón unha viaxe musical polas rúas e as tradicións desta cidade, incorporando tamén a forza visual e a alegría do Mardi Gras, o seu célebre entroido. Non é, polo tanto, un concerto de gospel convencional, senón unha celebración musical chea de ritmo, emoción e enerxía, na que conflúen espiritualidade, cultura popular e espírito festivo. Un espectáculo que traslada ao escenario a atmosfera vibrante de Nova Orleans e que ofrece ao público unha experiencia musical singular, participativa e especialmente acaída para a programación do Nadal.

 

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Este evento NON ten desconto.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamnete autorizados.
  • Posta en venda o 25/11/26 as 9:00h.
Prezo:
  • Precio Graderio: 15,00 €
  • Precio Platea: 15,00 €
  • Precio Cadeira de rodas: 15,00 €
Próximas sesións:
  • martes, 15 de decembro de 2026 20:30 hs.

A venda de entradas para este evento estará dispoñible desde el mércores, 25 de novembro de 2026

Mais información chamando o 010. Ou chame ao 982 297 350 desde fóra da cidade.