Nanuq

Nanuq

Cia. Voël

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Categoría: Teatro Familiar
Idade recomendada: A partir dos 3 anos

Sinopse:
Soñei, como soñan os osos en inverno. Un soño cálido, un soño longo, un soño baixo terra. E espertei!, soa, e quixen volver soñar, pero xa non era no soño, era aquí, tan presente e tan efémera como a neve que cae do ceo. Este ceo que coas súas cores anuncia que algo está por pasar. E que pode pasar ao outro lado do mundo onde nos atopamos. Onde atopamos dous seres con tantas cousas coma soños teñen os osos. Teñen os osos soños baixo terra. Baixo terra soñei. Soñei. Como soñan os osos.
Como dous corpos e dúas máscaras poden a través da poesía visual e a acrobacia xerar un mundo onírico onde todo está ao borde do abismo. Falamos dunha historia de amizade sen barreiras, estas barreiras denominadas prexuizos que se erguen cómo altos muros na vida dos adultos, os nenos e nenas non entenden de barreiras, os osos tampouco.
Nanuq é unha peza atemporal onde conviven diversas disciplinas, como son o circo, a danza e as marionetas, para explicar unha historia universal, unha historia para todas, pero especialmente pensada para as máis pequenas.

 

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamente autorizados.
  • Data de posta á venda 14/10/2025 as 16:00h
Prezo:
  • Precio A: 3,00 €
  • Precio B: 3,00 €
Próximas sesións:
  • domingo, 26 de outubro de 2025 18:30 hs.

A venda de entradas para este evento estará dispoñible desde el martes, 14 de outubro de 2025

Mais información chamando o 010. Ou chame ao 982 297 350 desde fóra da cidade.