Concerto de Oreka Tx

Música

Concerto de Oreka Tx

Campaña
Arde Lucus
Lugar
Explanada del Pabellón de los Deportes (ver mapa)
Duración
90 minutos
Numerada
Non

A banda foi creada por Harkaitz Mtz. de San Vicente e Igor Otxoa en 1997 e desde entón non pararon de investigar e difundir as posibilidades que ofrece a txalaparta,

experimentando tanto coa súa musicalidade como cos materiais de construción (desde a orixinaria madeira ata a pedra, tellas, bambú… ata o xeo!), gozando e

facendo gozar deste marabilloso instrumento.

Hoxe en día Oreka TX fórmana os ‘txalapartaris’ Harkaitz Martínez de San Vicente e Mikel Ugarte, xunto a Mixel Ducau, Iñigo Eguia e Juan Jose Ochandorena. Presentaron os seus traballos polos cinco continentes, conquistando a público e crítica especializada, grazas á vistosidade do instrumento e á enerxía da banda. Ademais da fusión musical, tamén gozan experimentando e facendo espectáculos con outras disciplinas artísticas como a danza, o circo, os audiovisuais, os deportes rurais ou outros elementos que lles inspiren para crear universos suxerentes. Pero por encima de todas as colaboracións, premios ou recoñecementos, para Oreka TX o maior pracer é espallar co mundo a súa paixón pola txalaparta e o universo da cultura vasca.

Koklea é o novo directo de Oreka TX que comezou o seu camiño en 2020 e continúa neste 2021.

Neste novo traballo reflíctese o resultado do percorrido musical dos últimos anos do quinteto, no que afondan no seu propio estilo utilizando instrumentos orgánicos e naturais desde unha linguaxe de raíz e contemporánea.

 

Apertura de portas 45 min. antes da actuación.

Prezo:
  • Precio 2,00 €
Próximas sesións:
  • 19 de xuño de 2021 20:30

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!