Concerto de Califato ¾

Música

Concerto de Califato ¾

Campaña
Arde Lucus
Lugar
Explanada del Pabellón de los Deportes (ver mapa)
Duración
90 minutos
Numerada
Non

Califato ¾, unha das bandas revelación de 2021, reivindica a propia identidade andaluza como fonte de alta cultura e como arte moderna e contemporánea. Os andaluces publican "LA CONTRAÇEÑA", un álbum chamado a converterse nun dos fitos musicais do ano, que atenúa as fronteiras entre idiosincrasia cultural andaluza e vangarda sonora. Con moita menor presenza de samples e tirando por un traballo moito máis orgánico, de auténtico ensamblaxe e arquitectura sonora, Califato ¾ reinician o seu método de traballo para dar un paso adiante na busca non só de todas as Andalucías que caben en Andalucía, senón tamén alumear algunhas Andalucías imaxinadas: tanto inéditas como históricas, tanto psicodélicas como polifónicas, tan raciais e imprevisibles como universais. "LA CONTRAÇEÑA" é unha mistura de razas sonoras na que caben desde “zambras western” ata “acid house de corte jondo”, desde unha “guajira flamenca” que devén en himno tropical a un “reggae flamencófilo”; nun marco de referencias que inclúe, ata agora, cruces impensables entre Genesis P-Orridge e Los Sobraos, entre Prodigy e o "Omega" de Enrique Morente ou entre Antonio Molina e Public Enemy. Califato ¾ reivindica a Andalucía popular e mestiza a través da experimentación e a fusión do flamenco, o funk, os breaks, o footwork, o hip hop e o dub, entre outros, e sempre sen medo a misturar. Artífices da súa propia versión do folclore andaluz, que mira cara o pasado e cara o futuro; froito da súa mistura e da súa memoria .

 

Apertura de portas 45 min. antes da actuación.

Prezo:
  • Precio 2,00 €
Próximas sesións:
  • 17 de xuño de 2021 20:30

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!