Miguel Costas «45 anos cantando por ti»
Importante: Entrada libre ata completar o aforo
Lugar: Auditorio Fuxan os Ventos
Idade recomendada: Maiores de 14 anos
SINOPSE:
O concerto de Miguel Costas e o seu espectáculo «45 anos cantando por ti», achega a Lugo ao músico vigués membro fundador de Siniestro Total, Aerolíneas Federales e Los Feliz. Costas é unha figura fundamental na historia do rock estatal e galego e vai achegar a Lugo unha personalísima proposta que combina música en directo e literatura, xa que, ademais do concerto, inclúe a presentación do seu libro “¡Esas palmas, coño!: Memorias supervivientes de un siniestro total”, ampliando así o seu interese cultural e ofrecendo ao público unha experiencia que vai máis alá do ámbito estritamente musical.
A súa carreira, iniciada en 1977, abrangue case medio século de creación musical, cunha produción artística que supera os 28 discos e as 350 cancións. Un percorrido que ademais desa longa experiencia profesional, supón unha excepcional contribución á configuración da memoria musical de varias xeracións. Cancións como Bailaré sobre tu tumba, Miña terra galega, Soy una punk, No me beses en los labios ou Pueblos del mundo forman parte dese imaxinario colectivo públicos moi diversos e son referentes da cultura popular das últimas décadas.
A súa incorporación á programación navideña responde a criterios de interese artístico e cultural, ao permitir poñer en valor a creación musical galega, recoñecer a traxectoria dun dos seus representantes máis destacados e favorecer a transmisión interxeracional do patrimonio musical do rock contemporáneo. Ao mesmo tempo, a presentación do libro achega unha dimensión literaria á actividade, enriquecendo a proposta e establecendo un diálogo entre música, palabra e memoria.
CONDICIÓNS
- Este evento é de entrada libre e de balde ata completar a capacidade do recinto, polo que non fai falta sacar entrada previa.
- Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
- Prohíbese a toma de fotografias e a gravación do espectáculo, tanto no que se refire a son como a imaxe, a excepción dos medios gráficos acreditados.
Prezo:
- Evento gratuito
Próximas sesións:
- sábado, 12 de decembro de 2026 19:00 hs.
A venda de entradas para este evento estará dispoñible desde el sábado, 12 de decembro de 2026
Mais información chamando o 010. Ou chame ao 982 297 350 desde fóra da cidade.