Memorias dun neno labrego

Memorias dun neno labrego

Contraproducións

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: Todos os públicos

Sinopse:
Un neno campesiño galego dos anos 40. Miseria, ilusión, inxustiza, rebelión, derrota e esperanza: denominadores emocionais comúns a toda a paisaxe rural español daqueles duros anos. Un espectáculo que, falando doutros tempos, fala dunha condición aínda presente noutros espazos e outras formas . Unha homenaxe a todos os nenos campesiños do mundo: os que son, foron ou serán; os das aldeas da memoria e os dos surcos de asfalto; os expulsados da infancia;os refuxiados do medo;os que tiran pedras.
Espectáculo teatral sobre o libro de Xosé Neira Vilas,  «Memorias dun neno Labrego»: En 1961 publicouse en Buenos Aires uno dos libros más dominantes da literatura galega. O más editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propia ou herdada.

 

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamente autorizados.
  • Data de posta á venda 07/01/2026 as 16:00h

 

 

Prezo:
  • Precio A: 5,00 €
  • Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:
  • xoves, 5 de febreiro de 2026 20:30 hs.

A venda de entradas para este evento estará dispoñible desde el mércores, 7 de xaneiro de 2026

Mais información chamando o 010. Ou chame ao 982 297 350 desde fóra da cidade.