
Ludovico 2.5
Aula de Teatro do Campus de Ourense Grupo Maricastaña. Uvigo.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: Adultos
Sinopse:
Unha sátira social e unha proposta ao redor da violencia.
Como mesturar sociopatía con ironía, psicopatía con humor negro, reflexión con diversión ou o punki con Beethoven. Ese é o camiño que temos que percorrer. A poética que debemos atopar. Unha obra controvertida e arriscada que trataremos de levar a escena coa perspectiva
que dá traballala 63 anos despois da súa publicación.
Unha sociedade narcotizada, múltiples impedimentos para que a xuventude se sinta realizada. As drogas, o sexo e a violencia como saída. Unha violencia que vai pasando da sociedade ao individuo e que o individuo se encarga de descargar novamente na sociedade.
O emprego do medo por parte da ultradereita e os sectores máis conservadores do espectro
político e económico.
Unha solución a ese medo e ao caos: Ludovico. Unha terapia condutista para que non se poda exercer o mal a cambio de aceptar como sociedade a tortura, a cambio de crer na mentira de que hai que elixir entre seguridade ou liberdade.
Con que nos quedamos?, co ollo por ollo, con que a violencia enxendra violencia, con que a violencia non é a solución? E, por certo, onde empeza a violencia?
Haberá poesía máis aló da violencia? Será posible volver escoitar a Ludwig e ser felices?
Elenco (por orde de intervención): Lola Fernández, Diego Galdo, Nuria Saco, Iria Losada, Olga Suárez, Irene Pérez, Marisol Amoeiro, Carmen Blanco, Vicki Reinoso, Silvia Cortón, Iván Iglesias, Miguel Estévez / Héctor Martínez, Nerea Rodríguez, Adrián Castro.
Dramatruxia, Escenografía e Dirección: Fernando Da Costa.
CONDICIÓNS
- Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
- Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
- Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamente autorizados.
Prezo:
- Evento gratuito
Próximas sesións:
- luns, 7 de abril de 2025 20:30 hs.
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso