James Rhodes "Manía"
Esgotado

James Rhodes "Manía"

Lugar: Auditorio Fuxan os Ventos
Idade recomendada: A partir dos 13 anos

Descripción:
O programa incluirá obras de Chopin, Brahms e Rachmaninov.

Para celebrar os 25 anos da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial pola UNESCO, o Concello de Lugo presenta un concerto extraordinario co pianista James Rhodes, unha das figuras máis carismáticas e singulares da música clásica contemporánea.

Asiste a un concerto único de James Rhodes, “o enfant terrible da música clásica”. O pianista español nacido en Gran Bretaña, coñecido polo seu carisma, talento e estilo de stand-up no escenario, ofrece unha experiencia diferente aos recitais tradicionais.

Nos seus concertos, Rhodes interactúa directamente co público, falando das obras que interpreta, por que as escolleu e o contexto no que se compuxeron. Ademais, comparte a historia da súa vida e como a música, en especial a de Bach, lle axudou a superar obstáculos. Interpreta pezas de compositores como Bach, Chopin, Rachmaninov, Schubert e Beethoven.

James Rhodes é un apaixonado da música clásica que se converteu nun importante divulgador a nivel mundial. A súa carreira despegou en 2009, cando o seu primeiro mánager o animou a gravar o seu primeiro CD. Desde entón publicou numerosos álbums e libros, incluído o seu exitoso libro Instrumental. Memorias de música, medicina e tolemia, e actualmente ten o seu propio programa na SER, “En Clave de Rhodes”.

O seu particular estilo permitiulle atraer novos públicos, actuando en festivais de música pop e en recintos pouco convencionais, así como nas principais salas de concertos internacionais: Koerner Hall (Toronto), Elbphilharmonie (Hamburgo), Queen Elizabeth Hall (Londres), Liceu (Barcelona), Musikverein (Viena), Teatro Real (Madrid), The Barbican (Londres) e moitas máis, desde Australia ata Hong Kong

Programación del 25 Aniversario de la Muralla de Lugo como Patrimonio de la Humanidad.

 

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamnete autorizados.

 

Prezo:
  • Precio Graderio: 10,00 €
  • Precio Platea: 10,00 €
  • Precio Cadeira de rodas: 10,00 €
Próximas sesións:
  • mércores, 19 de novembro de 2025 20:00 hs.

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!