Encontro Universitario de danza da USC
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: Todos os publicos
Sinopse:
A XXIV edición do EUD, acollerá o día 17 de abril no auditorio Fuxan os Ventos, a presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e mais a propia da USC. Á Compañía de Danza da USC nacida ao abeiro do Espazo de Danza, que baixo a dirección de Juan Carlos Zahera únese a Aula de Danza do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, e a Aula de Danza da Universidade de Coruña .
O Encontro Universitario de Danza que organiza a USC dende hai mais de dúas décadas, é unha das actividades máis destacables e visibles do Espazo de Danza da USC. Estes foros artísticos, promovidos para favorecer o intercambio cultural a través da danza, ademais de para achegar esta disciplina artística ao resto da sociedade.
O Encontro Universitario de Danza da USC, é un evento incluído na programación Lugo Cultural e a Primavera Cultural da USC
A Aula de Danza do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, coa obra titulada “ Xeometría dun silencio aprendido” baixo a dirección de Nuria Sotelo coa coreografía de Ainhoa Linaza e Creación Colectiva
A Aula de Danza da Universidade de Coruña intervirá e presentarase ao público lucense coa obra DERIVA, coreografía de Alicia López e Alba Fernández
“Esquecid@s” é o titulo da obra da Compañía de Danza da USC dirixida por Juan Carlos Zahera e coreografía de Rosa Acuña, reúnense de novo as tres Compañías de Danza da USC (campus Compostela, Lugo e Sen Vergoña) nunha soa produción e completa o programa da xornada.
CONDICIÓNS
- Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
- Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
- Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamente autorizados.
Prezo:
- Evento gratuito
Próximas sesións:
- venres, 17 de abril de 2026 20:30 hs.
Inicia sesión para mercar entradas
A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.
Rexístrate para poder mercar entradas
O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:
- Ter acceso a tódolos eventos
- Comprar entradas con antelación
- Ter históricos dos eventos
- Compra rápidas sen esperas
- Imprimir as entradas dende a tú casa
- Leer condicións de uso