Elektra.25

Elektra.25

Atalaya

Lugar: Auditorio Gustavo Freire.

Idade recomendada: A partir de 16 anos.

Dirección: Ricardo Iniesta.
Intérpretes: Ángela González, Enmanuel García, Garazi Aldasoro, Imasul Rodríguez, Lidia Mauduit, María Sanz, Raúl Vera e Silvia Garzón.
Sinopse:
Atalaya leva 25 anos adaptando grandes textos do teatro clásico universal sen perder a súa recoñecida linguaxe contemporánea que comezou hai case catro décadas. Por iso en Elektra.25 queremos conmemorar dita cifra, que coincide cos 25 anos desde a morte do noso referente do teatro máis rompedor Heiner Müller- e os 25 séculos do nacemento de un dos tres pais da Traxedia Grega, Eurípides-. 
"Elektra.25" que é o 25º espectáculo de Atalaya, posúe unha forte carga emotiva debido a que o seu "leit motiv" esencial perdurou a través dos tempos: "a vinganza", que foi e segue sendo a orixe de moitos conflitos ao longo da historia da humanidade. O obxectivo ao abordar este mito é xerar no público un interrogante arredor da vinganza e ao tempo transmitirlle ao espectador emocións alleas ás cotiás; non se trata de contar a historia de "Elektra" nin de que o espectador se identifique con algún personaxe, senón de provocar no público a catarse que promova sensacións que non pode experimentar en ningún outro lugar ou evento da vida cotiá. 
O coro é quen marca, durante a práctica totalidade da obra, o ritmo e o ton emocional. Neste sentido os cánticos étnicos e as coreografías adquiren unha potencia por riba dos propios personaxes. A interpretación coral é santo e seña moi recoñecible na linguaxe de Atalaya que neste caso proxecta unha forte carga emocional debido ás músicas populares elixidas. Por último destaca a potencia da escenografía así coma a incorporación de fogo e auga que multiplican a ritualidade da montaxe.

 

 

 

Prezo:
  • Precio A: 8,00 €
  • Precio B: 8,00 €
Próximas sesións:
  • domingo, 26 de marzo de 2023 18:30 hs.

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!