Concerto de Victor Wooten & The Wooten Brothers

Concerto de Victor Wooten & The Wooten Brothers

Lugar: Auditorio Fuxan os Ventos
Idade recomendada: A partir dos 12 anos

Sinopse:
A primeira presentación pública dos irmáns Wooten tivo lugar en Hawái no 1966 encumbrándoos coma uns novos nenos prodixio. Regi, o fillo maior de Elijah ‘Pete’ e Dorothy, nacera no 1956. Os seus seguintes irmáns chegaron  con so un ano de diferenza: Roy no 57 e Rudy no 58. Joseph naceu no 61 e no 64 Victor, quen aprendeu a falar e a tocar música ao mesmo tempo.

Poucos anos despois os irmáns comezaron a abrir concertos para lendas do R&B e soul coma War, Curtis Mayfield e moitos outros.
A música dos The Wooten Brothers rompe e define xéneros, resoa a través dos séculos e cruza continentes. Comezaron no R&B, e xa na súa adolescencia evolucionaron cara o jazz, a fusión, a música clásica e o country. No 1985, debutaron en Arista Records con The Wootens, álbum no que amalgamaban electrónica, funk, soul, disco e boogie, ampliando fronteiras do seu espectro musical.

Eran “Prince antes de Prince”, como reza a súa biografía oficial. Desde aquel álbum seguiron caminos separados, tocando en grandes estadios e en pequenos clubes de  todo el mundo, ainda que sempre volven tocar xuntos, xa sexa cerca dos seus fogares
en Tennesse ou a miles de quilómetros de alí.

Os Wooten acumulan 10 Grammy e 26 nominacións. E o máis novo da familia, Victor, o neno que aprendeu de todos os seus irmáns maiores, foi catalogado pola revista Rolling Stone coma un dos dez mellores baixistas de todos os tempos.

Información:

  • Victor Wooten - bajo
  • Regi Wooten - guitarra
  • Joseph Wooten - teclados
  • Roy ‘Futureman’ Wooten - batería

 

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamnete autorizados.
Prezo:
  • Precio Graderio: 10,00 €
  • Precio Platea: 10,00 €
  • Precio Cadeira de rodas: 10,00 €
Próximas sesións:
  • venres, 7 de novembro de 2025 20:30 hs.

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!