Concerto de panxoliñas de María do Ceo
Importate: Entrada libre ata completar o aforo
Lugar: Auditorio Fuxan os Ventos
Idade recomendada: Todas as idades
Sinopse:
O concerto de panxoliñas a cargo de María do Ceo, unha das voces máis recoñecibles da música galego-portuguesa, cunha sólida traxectoria artística na interpretación do fado e que destaca pola capacidade de mesturar as culturas musicais de ambas ribeiras do Miño. Ao longo de máis de vintecinco anos de carreira publicou dezasete traballos discográficos, entre os que se atopan títulos tan significativos como Dúas almas do Miño, De Portugal a Galicia. Fado ou Galicia Nai. Este último, presentado en 2023, é unha homenaxe á cultura galega, a través da musicalización de poemas de autores como Rosalía de Castro, Manuel María, Carvalho Calero ou Neira Vilas.
A súa vinculación co repertorio do Nadal é especialmente significativa. Dentro da súa discografía destaca o álbum Panxoliñas e villancicos, unha mostra do seu interese por recuperar e interpretar cancións tradicionais propias destas festas. O seu repertorio de Nadal combina panxoliñas galegas e portuguesas, recuperando cancións populares como Rei Pequeniño, Por entre as silveiras ou En noite tan fría, xunto con outras pezas de carácter intimista.
A elección de María do Ceo permite ofrecer ao público lucense un concerto cun marcado carácter interxeracional, pois a familiaridade de moitas das panxoliñas, unida á calidade interpretativa da artista favorece unha experiencia musical accesible e participativa axeitada para todos os públicos. A data do 25 de decembro reforza o sentido desta proposta. Nun día especialmente vinculado á reunión familiar e á celebración colectiva, a música convértese nunha oportunidade para prolongar o ambiente festivo e facer do Nadal un tempo para compartir cultura. A elección do espazo obedece tamén a unha motivada reflexión sobre a experiencia que se pretende ofrecer ao público asistente. Neste sentido, considérase que a Catedral reúne unhas condicións especialmente axeitadas para acoller este concerto, pois a beleza e monumentalidade do edificio, o seu extraordinario valor histórico e patrimonial como Patrimonio da Humanidade e as magníficas condicións acústicas contribuirán a crear unha excepcional atmosfera e convertirán a actuación nunha experiencia cultural única para o público asistente na que a música, o patrimonio e o espírito do Nadal se integran nun mesmo espazo.
CONDICIÓNS
- Este evento é de entrada libre e de balde ata completar a capacidade do recinto, polo que non fai falta sacar entrada na web.
- Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
- Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamnete autorizados.
Prezo:
- Evento gratuito
Próximas sesións:
- venres, 25 de decembro de 2026 18:30 hs.
A venda de entradas para este evento estará dispoñible desde el venres, 25 de decembro de 2026
Mais información chamando o 010. Ou chame ao 982 297 350 desde fóra da cidade.