Concerto de Martha Argerich e Pablo Galdo

Concerto de Martha Argerich e Pablo Galdo

Lugar: Auditorio Fuxan os Ventos
Idade recomendada: Todos os publicos

Sinopse:
Marta Argerich está considerada unha das pianistas máis extraordinarias do noso tempo, a súa personalidade artística reúne unhas cualidades difíciles de atopar nunha mesma intérprete: un dominio técnico portentoso, unha forza expresiva arrebatadora, unha intelixencia musical intuitiva e unha capacidade de comunicación que fai de cada actuación unha experiencia singular. No seu repertorio están presentes compositores como Bach, Bartok, Beethoven, Messiaen, Chopin, Schumann, Liszt, Debussy, Ravel, Franck, Prokofiev, Stravinski, Shostakovitch e Tchaikovski.

A crítica especializada destaca o hipnótico magnetismo da súa presenza na escena, a súa versatilidade estílistica e a súa enerxía, tan única que inevitablemente transforma o estado anímico de quen a está escoitando.

 

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas na Oficina de Turismo a partir os días 26 e 27 de Novembro, dende o 28 de Novembro tamén a través do portal web entradaslugo.es ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Este evento NON ten descontos.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamnete autorizados.
Prezo:
  • Precio Graderio: 20,00 €
  • Precio Platea: 20,00 €
  • Precio Cadeira de rodas: 20,00 €
Próximas sesións:
  • mércores, 16 de decembro de 2026 20:30 hs.

A venda de entradas para este evento estará dispoñible desde el xoves, 26 de novembro de 2026

Mais información chamando o 010. Ou chame ao 982 297 350 desde fóra da cidade.