
Coa cabeza na nubes
SÖA Cia.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Categoría: Teatro Familiar
Idade recomendada: A partir dos 6 anos
Sinopse:
Un espectáculo multidisciplinar que combina teatro físico, danza e clown para público familiar. En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo. Un deles, afogado polo traballo, tenta sobrevivir baixo unha morea de papeis. As tarefas non deixan de acumularse... non dá feito con todo o que hai que facer!
A súa compañeira, en vez de botarlle unha man, interrompe constantemente e só pensa en xogar. Será posible que non atope tempo para xogar con ela? Un pouquiño? Un instante sequera?
Entre ambos desátase unha divertida batalla chea de humor e acrobacias, onde se confrontan dúas visións da vida. Canto tempo lle adicamos ao traballo? E ao xogo?. Estamos traballando demasiado? Queda aínda tempo para xogar?
CONDICIÓNS
- Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
- Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
- Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamente autorizados.
- IMPORTANTE: Público no escenario. Aforo limitado a 120 entradas.
- Data de posta á venda 14/10/2025 as 16:00h.
Prezo:
- Precio A: 3,00 €
- Precio B: 3,00 €
Próximas sesións:
- domingo, 2 de novembro de 2025 18:30 hs.
A venda de entradas para este evento estará dispoñible desde el martes, 14 de outubro de 2025
Mais información chamando o 010. Ou chame ao 982 297 350 desde fóra da cidade.