Black Box, unha saga épica
Hugo Torres
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: Adultos
Sinopse:
Que teñen en común un mariñeiro da armada de Vasco da Gama —a primeira en abrir a ruta marítima cara ás Indias—, un bandoleiro que decidiu impartir xustiza á marxe do rei, unha mestra de comezos do século XX que fundou unha compañía de monicreques e un pintor que cruzou o Mediterráneo nun pequeno barco na procura da
liberdade?
Todos eles son os meus devanceiros.
Durante os últimos cincocentos anos, as súas vidas avanzaron en paralelo aos grandes movementos da Historia: a expansión marítima, as ditaduras, as resistencias, os exilios. Este relato familiar non pretende corrixir a Historia oficial, senón mirala desde quen a viviu en primeira persoa. Na miña familia lembramos os nosos antepasados arredor da mesa; alí compartimos non só a comida, senón tamén a súa memoria.
Hoxe ese xesto trasládase ao espazo escénico: convido o espectador a sentar comigo, a comer mentres escoita,
para manter vivas estas historias e facelas circular, unha vez máis, de boca en boca.
CONDICIÓNS
- Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
- As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.
- Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
- Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamnete autorizados.
- Data de posta á venda 13/10/2026 as 16:00h.
Prezo:
- Precio A: 5,00 €
- Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:
- xoves, 3 de decembro de 2026 20:30 hs.
A venda de entradas para este evento estará dispoñible desde el martes, 13 de outubro de 2026
Mais información chamando o 010. Ou chame ao 982 297 350 desde fóra da cidade.