Batu / Triade / Ypark

Batu / Triade / Ypark

Varios

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 14 anos

Sinopse:
"Batu" de NODE (Euskadi) é a celebración que comparte o noso legado, o presente e o futuro. Alúmbrase sobre os pilares culturais de Euskal Herria (folklore, danza e música). A mirada enfocada ao futuro para dar un salto e inundarnos coa súa luz. Suma o que fumos, o que somos e o que seremos nun mesmo contexto artístico. Conmemora as nosas raíces e celebra o noso porvir cunha viaxe no tempo. Unha viaxe ao través de corpos xeneracionais.  Unha sociedade que deu aos deuses por mortos e permitiu que algunhas mulleres se apoderaran de vellos símbolos. O resultado foi un código independente, positrónico, baseado na risa, a complicidade e a linguaxe propia.

"TRÏADE" (Compañía Colectivo Glovo) ten como punto de partida esa necesidade de xuntarse, vencellarse e bailar desde o coidado e a escoita nun espazo feminino que procure unha xenealoxía feminina, unha orde simbólica persoal e independente, inspirada pola triada luar e a súa idea do eterno retorno - vida, morte e renacemento – resultando unha peza de corto formato para espazo non convencional con marcado carácter ritualesco e de culto ás ancestras e ás raíces.

YPark (Compañía Zuk Dance) explora a desgarradora travesía dunha muller na busca da liberdade. Inspirada na historia de Yeonmi Park, a peza trascende os límites da linguaxe para capturar as emocións de opresión, desesperación e resistencia. A través da plasticidade do movemento e o contacto represéntase a loita de quen se enfrenta ao autoritarismo e ao sufrimento humán que isto conleva. A viaxe comeza na escuridade sofocante dun réxime represivo, onde os corpos móvense con restriccións, simbolizando a perda de identidade e a represión do espíritu.

 

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamnete autorizados.
  • Data de posta á venda 08/01/2025 as 16:00h
Prezo:
  • Precio A: 5,00 €
  • Precio B: 5,00 €
Próximas sesións:
  • venres, 21 de febreiro de 2025 20:30 hs.

Inicia sesión para mercar entradas

A través do seguinte formulario pode cambiar os seus datos personais, recorde utilizar un correo válido en non utilice espazo no seu nome de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Esquecín contrasinal

Rexístrate para poder mercar entradas

O rexistro é o primeiro paso necesario para poder mercar entradas a través desta plataforma, pero ademáis permitirache:

  • Ter acceso a tódolos eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Ter históricos dos eventos
  • Compra rápidas sen esperas
  • Imprimir as entradas dende a tú casa
  • Leer condicións de uso
Si, desexo rexistrame!