1936

1936

Check In Producciones, Centro Dramático Nacional y El Terrat

Lugar: Auditorio Fuxan os Ventos
Idade recomendada: A partir dos 16 anos
Duración: 4 horas con dous descansos de 15 minutos

Sinopse:
Verán do 1936. As Olimpíadas en Berlín anúncianse para o primeiro día de agosto. As olimpíadas populares en Barcelona, para o 19 de xullo. Conta a lenda que Joseph Goebbels, ministro de propaganda de Hitler, decide que a música oficial das olimpiadas do terceiro “Reich” sexa a Novena sinfonía de Ludwig Van Beethoven e o seu “Himno á alegría”. Pero Palo Casals, que é o comisario cultural das Olimpiadas Populares en Barcelona, representante do mundo democrático, monta en cólera e decide que de ningún xeito Beethoven será secuestrado polos nazis. A partir dese momento, decídese que o “Himno á alegría” cantarase na inauguración das Olimpíadas Populares no estadio de Montjuic. Poucos días antes da inauguración, o xeneral Mola, “o director” do inminente golpe de estado, cursa un telegrama cifrado aos militares que se sublevarán contra a segunda República. O contido en clave di así: “El pasado día 15, a las cuatro de la mañana, Elena dio la luz un hermoso niño”. A mensaxe indicaba que a rebelión militar comezaría o 18 de xullo ás cinco da mañá. Era o principio dun dos episodios máis terribles da historia do noso país.

Información:

  • Texto ; Albert Boronat, Juan Cavestany, Andrés Lima e Juan Mayorga. 
  • Dramaturxia; Albert Boronat e Andrés Lima. 
  • Dirección ; Andrés Lima.
  • Reparto : Cristina Arias, Mamen Camacho, Antonio Duran ‘Morris’, María Morales, Guillermo Toledo, Paco Ochoa, Juan Vinuesa e Coro.

 

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamnete autorizados.
Prezo:
  • Precio Graderio: 20,00 €
  • Precio Platea: 20,00 €
  • Precio Cadeira de rodas: 20,00 €
Próximas sesións:
  • domingo, 16 de novembro de 2025 17:00 hs.

Evento cancelado

Este evento foi adiado por motivos externos á organización e esta sendo cancelado nestes momentos. Para calquera consulta pode poñerse en contacto connosco através do 010 ou mediante os contactos establecidos nas condicións de uso da plataforma.

Desculpen as molestias!